Velaquí deixarei rexistro de tódolos trocos feitos nas traducións, tanto as novas coma as actualizacións das mesmas.
O obxectivo deste "changelog" é que, se alguén descargou unha tradución no pasado, que quede constancia de se esta recibiu ou non unha actualización posterior sen que se teña que procurar proactivamente pola mesma; esta utilidade faise máis evidente cando hai moitos arquivos involucrados e non é factible ir procurando en cada entrada de cada tradución unha por unha.
Por motivos lóxicos, as versións das traducións irán listadas de máis recente a máis antigas.
• 24/05/2026 -- Tetris (GB Game Boy) 1.0
• 10/05/2026 -- Ghosts n' Goblins (NES) 1.0
• 02/05/2026 -- Mega Man X (SNES) 1.1
• 27/04/2026 -- Super Ghouls 'n Ghosts (SNES) 1.0
• 04/04/2026 -- The Legend of Zelda (NES) 1.2
• 25/03/2025 -- Super Metroid (SNES) 1.0
• 30/11/2024 -- Clock Tower (SNES) 1.0
• 29/09/2024 -- Mega Man 6 (NES) 1.0
• 15/09/2024 -- Mega Man 5 (NES) 1.0
• 11/09/2024 -- Mega Man 4 (NES) 1.0
• 03/09/2024 -- Mega Man 3 (NES) 1.0
• 27/08/2024 -- Mega Man 2 (NES) 1.0
• 25/08/2024 -- Mega Man (NES) 1.0
• 23/08/2024 -- Mega Man - Dr. Wily's Revenge (GB Game Boy) 1.0
• 18/08/2024 -- Mega Man 7 (SNES) 1.0
• 05/08/2024 -- Mega Man X (SNES) 1.0a
• 03/08/2024 -- Mega Man X (SNES) 1.0
• 06/07/2024 -- Journey to Silius (NES) 1.0
• 25/06/2024 -- Pilotwings (SNES) 1.0
• 24/05/2024 -- Arcana (SNES) 1.0
• 20/05/2024 -- Super Mario Land (GB Game Boy) 1.0
• 17/05/2024 -- The Legend of Zelda (NES) 1.1
• 17/05/2024 -- The Legend of Zelda: A Link to the Past (SNES) 1.0
• 30/03/2024 -- Pokémon Vermello (GB Game Boy) 1.0
• 30/03/2024 -- Pokémon Azul (GB Game Boy) 1.0
• 25/03/2024 -- Pokémon Amarelo (GB Game Boy) 1.0a
• 25/03/2024 -- Super Mario Bros (NES) 1.0a
• 24/03/2024 -- Pokémon Amarelo (GB Game Boy) 1.0
• 24/03/2024 -- The Legend of Zelda (NES) 1.0a
• 14/12/2023 -- Godzilla (GB Game Boy) 1.0
• 09/12/2023 -- Metroid (NES) 1.0
• 08/12/2023 -- Super Mario Bros (NES) 1.0
• 06/12/2023 -- Super Mario World (SNES) 1.0
• 26/09/2021 -- Metroid II Return of Samus (GB Game Boy) 1.0
• 11/09/2021 -- The Legend of Zelda (NES) 1.0
Agardo que desta maneira poidades te-las vosas traducións descargadas á última versión dispoñible para cada xogo, que estará debidamente detallada na propia entrada de cada un.
Un saúdo
Boas.
ResponderEliminarAgradecer o traballo que fas de traducir xogos retro. Quería facer unha suxestión:
Estiven probando un par de ROMs túas, como o Zelda ou Mega Man III, e funcionan correctamente unha vez parcheados. Nembargantes, non sei se coñeces "Retroachievements", unha plataforma que incorpora logros a xogos retro, o que lleda unha vidilla extra, entre eles os dous que acabo de mencionar. Pois ben, resulta que dependendo como se parcheen as ROMs, quita a compatibilidade con RetroAchievements e non funcionan nos dous que probei.
A miña suxestión é se poderías activar a compatibilidade das túas traducións con RetroAchievements.
Estiven procurando información sobre isto, e topei este fío interesante de EOL:
https://www.elotrolado.net/hilo_hilo-oficial-retroachievements_2507798
Un saúdo.
Boas tardes,
Eliminarantes de nada agradecerche a ti o interese polos meus parches, e tamén a idea de facelos compatibles con RetroAchievements, proxecto ó que botara unha ollada fai tempo pero tampouco con demasiada profundidade.
Fai cousa dun mes púxenme en contacto coa administración da iniciativa e, tras unha cadea de contactos, quedoume claro que teño que cada "listado de logros" de cada xogo é iniciativa propia de usuarios, ben dun único "líder", ben dun equipo ben cohesinado, a maior das veces de diferentes usuarios que non teñen relación entre eles.
Por iso, para preguntar pola compatibilidade destes parches de tradución, teño que me pór en contacto co/s diferente/s usuario/s que levan o ranking de logros de cada xogo, e que eles dean o visto bo a se o parche é (ou non) compatible coa versión "vainilla" para a que eses logros foron pensados. E cando falamos de +25 parches de tradución até a data, a cousa bota un pouco para atrás. Máis aínda, probei a contactar con varios destes usuarios, e entre os que non contestan e os que levan anos deslogueados pois non é que me motiven moito a seguir probando este camiño.
Que quede dito, se pola túa banda logras contactar con algún destes usuarios te-lo meu permiso para facilitárlle-lo parche desexado e que fagan a verificación. E tanto douche permiso a ti como a calquera que estea lendo isto. O único que pido e que, de acadalo, fagádesmo saber para poder pór un aviso na páxina correspondente neste blog do xogo agraciado, e se poida extende-la boa nova.
Un saúdo, e desculpa o silencio durante o meu hiatus.
Vaia, non sabía que ía ter tanta complexidade pra meter os logros. Unha mágoa.
EliminarGrazas por responder.
Un saúdo.