3 de agosto de 2024

15) Parche ó galego de Mega Man X (1993) para SNES

 


  Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de SNES "Mega Man X".

    O lanzamento orixinal da versión 1.0 deste parche de tradución ó galego fíxose o 3 de agosto de 2024, á que lle seguiría unha revisión o 5 de agosto 2024 referida como versión 1.0a. Podedes ver como foi a evolución deste proxecto neste fío.

    Podedes descarga-la última versión dispoñible nesta ligazón (versión 1.0a).

    A ROM para a que está pensada este parche é:

        ♥ Mega Man X (USA) (Rev 1).sfc

        ♥ CRC32: DED53C64




    Listaxe de trocos feitos:

-- Versión 1.0a (05-08-2024) --

♣ Trocos menores a varios textos
♣ A ROM xa non precisa dun encabezado previo ("headered ROM") para aplica-lo parche.

 

-- Versión 1.0 (03-08-2024) --

    Atinentes á tradución:

♣ Aviso do uso de xogo NTSC nunha consola PAL
♣ Título
♣ Inclusión de grafías de vogais con til, o "ñ" e máis.
♣ Opcións
♣ Textos da intro
♣ "IMOS" en troques da animación de "READY"
♣ Menú e armamento
♣ Nomes dos Maverick
♣ Diálogos e monólogos
♣ Créditos (case todo o equipo orixinal respectado)
♣ Recoñecemento polo parche ó galego (tra-los créditos)
♣ Todo o traducible que atopei, a fin de contas, AGÁS as opcións debug xa que non son normalmente accesibles e o "AIRPORT" na fase de Storm Eagle (agora Aguia Cifra).

    NON atinentes á tradución:

♣ Eliminados Checksum da SRAM, usados principalmente como protección antipiratería.

 

    Que queda por facer? (03-08-2024)

    ♠ Xa que non teño intención de facer unha versión para o formato PAL, e porque atópome cómodo co troco dos nomes dos Maverick; á falta de atopar error que corrixir, considero esta tradución REMATADA.

 

    Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.

    Un saúdo.

(Última edición do artigo o 5 de agosto de 2024)

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario