Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de NES "Journey to Silius", de agora en diante referido como "Camiño a Silius".
O lanzamento orixinal da versión 1.0 deste parche de tradución fíxose o 06 de xullo de 2024.
Podedes descarga-la última versión dispoñible nesta ligazón (versión 1.0, Romhacking.net) e tamén nesta outra (versión 1.0, Drive do proxecto).
A ROM para a que está pensada este parche é:
♥ Journey to Silius (USA)
♥ File CRC32: 8F77CCE0
♥ ROM CRC32: E2C4EDCE
Listaxe de trocos feitos:
-- Versión 1.0 (06-07-2024) --
♣ Pantalla de título
♣ Inclusión de grafías de vogais con til e o "ñ".
♣ Menú segredo de selección
♣ Textos da historia
♣ Imaxes de "L" (life) e "A" (ammo) por "V" (vida) e "M" (munición)
♣ Imaxe do arma "H" (homing) por "R" (rastrexador)
♣ Créditos (todo o equipo orixinal respectado)
♣ Recoñecemento polo parche ó galego (tra-lo equipo orixinal)
♣ En definitiva, todo o traducible, AGÁS a licenza de Terminator que se atopa dentro da ROM, xa que nunca se usa durante o xogo.
Que queda por facer? (06-07-2024)
♠ Á agarda de que non aparezan erros derivados deste traballo, considero esta tradución COMPLETA.
Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.
Un saúdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario