Amosando publicacións coa etiqueta Zelda. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Zelda. Amosar todas as publicacións

17 de maio de 2024

10) Parche ó galego de The Legend of Zelda: A Link to the Past (1991) para SNES (NTSC)

 


    Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de SNES "The Legend of Zelda: A Link to the Past", de agora en adiante referido "A Lenda de Zelda: Un Elo ó Pasado".

    O lanzamento orixinal da versión 1.0 deste parche de tradución fíxose o 17 de maio de 2024. Podedes ver como foi a evolución deste proxecto neste fío.

    Podedes descarga-la última versión dispoñible nesta ligazón (versión 1.0, Romhacking) e tamén nesta outra (versión 1.0, Drive do proxecto).

11 de setembro de 2021

01) Parche ó galego de The Legend of Zelda (1986) para NES (NTSC e PAL)

 

    Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de NES "The Legend of Zelda", de agora en adiante referido "A Lenda de Zelda".

    Trátase da miña primeira tradución específica ó galego dun xogo, polo que lle teño especial cariño (aparte do obvio, que é un xogo de Zelda).

    O lanzamento orixinal da versión 1.0 deste parche de tradución fíxose o 11-09-2021; a última versión data do 04-04-2026 e é referida como versión 1.2.

    Podedes descarga-la última versión dispoñible nesta ligazón (versión 1.2, Romhacking.net). e tamén nesta outra (versión 1.2, Drive do proxecto)