Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de NES "The Legend of Zelda", de agora en adiante referido "A Lenda de Zelda".
Trátase da miña primeira tradución específica ó galego dun xogo, polo que lle teño especial cariño (aparte do obvio, que é un xogo de Zelda).
O lanzamento orixinal da versión 1.0 deste parche de tradución fíxose o 11-09-2021; a última versión data do 04-04-2026 e é referida como versión 1.2.
Podedes descarga-la última versión dispoñible nesta ligazón (versión 1.2, Romhacking.net). e tamén nesta outra (versión 1.2, Drive do proxecto)
O aquivo inclúe dous parches, unha para a versión NTSC USA (60 fps) e outra para a verión europea PAL (50 fps); en concreto, as ROMs para as que están pensadas estes parches son:
1) Legend of Zelda, The (USA) (Rev 1)
♥ CRC32: EAF7ED72
2) Legend of Zelda, The (Europe)
♥ CRC32: ED7F5555
Listaxe dos trocos feitos:
-- Versión 1.2 (04-04-2026) --
♣ Textos glitcheados amañados e outros tantos retraducidos ou totalmente modificados (ver imaxe "ALXUBE-5")
♣ Realiñados e centrados de varios textos e menús
♣ Novamente, parches para versión PAL e NTSC (RevA americana), con Checksum OK
NON ATINENTES A TRADUCIÓN:
♣ A paleta do traxe azul agora ten un tono de azul algo máis escuro (ver imaxe "ALXUBE-6")
-- Versión 1.1 (17-05-2024) --
♣ "FADA" agora é referida como "MOURA".
♣ Correccións de varios textos de personaxes.
♣ Agora existe un parche para a versión "USA (Rev A)" da ROM, antes non compatible.
-- Versión 1.0a (24-03-2024) --
♣ Engadido "GZ" na pantalla de título.
♣ Corrixido o incorrecto "brúxula" polo correcto "compás"
♣ Tradución de parte dos créditos, que non estaban traducidos na versión 1.0
♣ O Checksum do xogo é agora OK.
-- Versión 1.0 (11-09-2021) --
♣ Pantalla de título
♣ Pantalla coa historia
♣ Nomes dos tesouros
♣ Pantalla de rexistro (orde co alfabeto galego)
♣ Menús
♣ Pantalla de derrota
♣ Textos dos NPC (algúns foron modificados do que dicían orixinalmente, facéndoos máis útiles)
♣ Pantalla de final do xogo
♣ Créditos (respectado todo o equipo orixinal)
♣ Crédito de tradución (amósase ó final da lista de tesouros)
♣ Engadidas as vogais acentuadas.
♣ O "K" e o "Y" foron respectados por mor de formar parte dos nomes "LINK" e "HYRULE", aínda que ó non formar parte do alfabeto galego foron movidos na pantalla de rexistro de nome.
Que queda por facer? (04-04-2026)
♠ A falta de atopar erros que corrixir, considero esta tradución REMATADA.
Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.
Un saúdo.
(Última edición do artigo o 04 de abril de 2026)








Ningún comentario:
Publicar un comentario