3 de setembro de 2024

20) Parche ó galego de Mega Man 3 (1990) para NES

 

     Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de NES "Mega Man 3".

    O lanzamento orixinal da versión 1.0 deste parche de tradución ó galego fíxose o 3 de setembrode 2024.

    Podedes descarga-la última versión dispoñible nesta ligazón (versión 1.0).

    A ROM para a que está pensada este parche é:

        ♥ Mega Man 3 (USA).nes

        ♥ CRC32: 603AAA57








 

As vindeiras imaxes son exclusivas da versión "improvement":

 





 -- Versión 1.0 (03-09-2024) --

    Atinentes á tradución:

♣ Pantalla legal
♣ Intro (versión "improvement")
♣ Pantalla de título
♣ Inclusión de vogais acentuadas e o "Ñ"
♣ Pantalla de contrasinais
♣ Pantalla se selección
♣ Nomes de armas
♣ Mensaxes tras vencer a cada Robot Mestre
♣ Pantalla de derrota
♣ Mensaxe de saír do nivel (versión "improvement")
♣ Diálogos e tarxetas dos robots do final (trocados a DLN e DWN a quen tocaba)
♣ Créditos ("case" todo o equipo orixinal respectado)
♣ Crédito pola tradución (na metade dos créditos)
♣ Todo o traducible que atopei, a fin de contas.

 

AVISO:

Como digo, aquí inclúense DOUS PARCHES diferentes:

Mega Man 3 (Gz) 1.0.ips -- este é o parche normal; somentes traduce o xogo e inclúe as vogais acentuadas, o Ñ e algunha imaxe de fondo.

Mega Man 3 improvement (Gz) 1.0.ips -- este é o parche de mellora; trátase do traballo de "kuja killer", posteriormente traducido ó galego.

Para xoga-la tradución só precisas aplicar un dos parches; deixo ámbolos dous parches por se alguén ten preferencia dun sobre o outro (haberá quen queira xoga-la ROM con tódalas melloras gráficas, e haberá quen prefira o xogo orixinal sen tanto troco).


    Que queda por facer? (03-09-2024)

♠ A falta de atopar erros que corrixir, considero esta tradución REMATADA.

 

    Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.

    Un saúdo.

(Última edición do artigo o 3 de setembro de 2024)

1 comentario: