17 de maio de 2024

10) Parche ó galego de The Legend of Zelda: A Link to the Past (1991) para SNES (NTSC)

 


    Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de SNES "The Legend of Zelda: A Link to the Past", de agora en adiante referido "A Lenda de Zelda: Un Elo ó Pasado".

    O lanzamento orixinal da versión 1.0 deste parche de tradución fíxose o 17 de maio de 2024. Podedes ver como foi a evolución deste proxecto neste fío.

    Podedes descarga-la última versión dispoñible nesta ligazón (versión 1.0, Romhacking) e tamén nesta outra (versión 1.0, Drive do proxecto).

    A ROM para a que está pensada este parche é:

        ♥ Legend of Zelda, The - A Link to the Past (USA)

        ♥ CRC32: 777AAC2F

    IMPORTANTE: esta tradución está pensada para a versión NTSC do xogo; non se debe aplica-lo parche de tradución na versión PAL europea.


    Listaxe dos trocos feitos:

 

-- Versión 1.0 (17-05-2024) --

    ♣ Pantalla de título.
    ♣ Hud.
    ♣ Pantallas de copiar e borrar partidas.
    ♣ Orde do alfabeto e inserido letras con til e o ñ.
    ♣ Textos.
    ♣ Menús.
    ♣ Créditos (todo o equipo orixinal respectado)
    ♣ Recoñecemento polo parche ó galego (cara o final dos créditos)
    ♣ Todo o traducible que atopei, a fin de contas.

    A maiores engado unha imaxe da pegatina frontal do cartucho, traducida ó galego, para quen queira facer unha adaptación física do xogo (click dereito e abrir noutra lapela para ver en alta definición):

 

-- Trocos adicionais non atinentes á tradución --

     ♣ O xogo ten aplicado de serie o parche de trocar obxectos cos botóns L e R, feito polo xenial Kazuto e que podedes atopar aquí (onde atoparedes como desfacelo, por se non vos agrada).

    ♣ As paletas de colores das dúas armaduras (azul e vermella) trocaron; agora os sombreiros de cada armadura (amarelo e violeta respectivamente) son da mesma color que o traxe (azul e vermello).

 


    Que queda por facer? (17-05-2024)

    ♠ Facer unha versión para a ROM PAL europea, xa que este parche non funciona nesa ROM (como xa expliquei máis arriba, e por que considero iso un quebradeiro de testa); o máis realista hoxe sería atoparmos unha forma de reduci-la velocidade das músicas (as dúas do final) un 16.6%, para que coincidan imaxe e son; aínda que tamén son incompetente niso, alomenos semella un troco máis sinxelo e realista que daría o mesmo resultado. Calquera axuda nese sentido é benvida.


    Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.

    Un saúdo.

(Última edición do artigo o 17 de maio de 2024)

2 comentarios:

  1. Parabéns pelas traduções. Muito interessante ver que tem alguém traduzindo jogos para galego. Sou um tradutor do Brasil e gosto de acompanhar os lançamentos de rom hacks em outros idiomas.

    ResponderEliminar
  2. Muito obrigado pelas palavras! Había un baileiro de tradutores ó galego e xa ves, lanceime, hehe, a ver se así creo escola ou alomenos unha sinerxía para que outros galegos animen a amplia-lo traballo, que hai moito.

    Agardo que as traducións che traian boas experiencias, tantas alomenos como me traen a min. Unha aperta.

    ResponderEliminar