24 de marzo de 2024

07) Parche ó galego de Pokémon Amarelo (2000) para GB Game Boy

 


    Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de GB Game Boy "Pokémon Amarillo", de agora en diante referido coma "Pokémon Amarelo".

     O lanzamento orixinal da versión 1.0 do parche de tradución ó galego fíxose o 24 de marzo de 2024, á que lle seguiría unha revisión o 25-03-2024 referida como versión 1.0a.

    Podes descarga-la última versión do parche nesta ligazón (versión 1.0a, Romhacking.net) e tamén nesta outra (versión 1.0a, Drive do proxecto)

    A ROM para a que está pensada este parche é:

        Pokemon - Edicion Amarilla - Edicion Especial Pikachu (Spain) (CGB+SGB Enhanced)

        ♥ CRC32: 964B7A10






 
      Listaxe de trocos feitos:

 

-- Versión 1.0a (25/03/2024) --

    ♣ Checksum é agora OK


-- Versión 1.0 (24/03/2024) --

    ♣ Pantalla de título.

    ♣ Nomes de personaxes.

    ♣ Textos de personaxes.

    ♣ Pokédex completa. 

    ♣ Menús.

    ♣ Tiles de xogo (GIM --> XIM, SHOP --> SÚPER, etc)

    ♣ Engadidas grafías ("NON", ï, notas musicais, etc)

    ♣ Disposición do alfabeto na pantalla de nomes e alcumes.

    ♣ Diploma ó completa-la Pokédex.

    ♣ Pantalla cando se xoga na SNES coa SGB.

    ♣ Minixogo de Pikachu surfista.

    ♣ Créditos (todo o equipo orixinal respectado)

    ♣ Recoñecemento polo parche ó galego (cara o final dos créditos)

    ♣ Todo o traducible que atopei, a fin de contas

 

-- Trocos adicionais non atinentes á tradución --

 

    ♣ As ataques PANTASMA son agora súperefectivas contra o tipo PSIQUE, como é canon no anime dende o principio e nos xogos dende a segunda xeración.

    ♣ Paleta "black", que controla as cores de por exemplo cando es derrotado (en troques de ser todas do mesmo tono escuro, agora ten matices similares ás versións Azul e Vermella).

     

    De maneira adicional e optativa engado outro parche que agocha o nome do pokémon que vai usa-lo adestrador inimigo. Así, por exemplo, en troques de sai-lo texto "LORELEI vai empregar a CLOYSTER" sae a mensaxe "LORELEI vai empregar outro POKéMON". Isto é útil cando queres xogar en modo "trocar de pokémon" sen ter información previa de cal será o contrincante, facéndoo unha pinga máis difícil ó non dirpor desa vantaxe para preparar tipos de antemán; tamén serve por se queres pór a proba a túa memoria e lémbra-la orde dos pokémon inimigos.

    Para empregar este "parche de inimigo agochado" primeiro hai que aplica-lo parche de tradución e despois este segundo parche. Como digo, é un parche optativo e non é preciso o seu uso para disfrutar da tradución orixinal. Se o aplicas e despois non queres seguir usándoo somentes tes que aplica-lo parche de tradución orixinal e voltará aparece-lo nome de maneira normal.

    OLLO! Este parche optativo só é válido para a versión en galego! É dicir, pódese aplicar na versión en castelán e funcionará normal, pero ese texto aparecerá en galego, o que é algo raro para a xogabilidade cando o resto do xogo aparece en castelán.

 

   -- QUE QUEDA POR FACER (25/03/2024)--

    ♠ Comprobar que todos estes trocos funcionen en consola real (GB e SGB)

    ♠ Saca-las versións "Azul" e "Vermello" (xa moi avanzadas, pero antes quero ver se se atopan erros na versión "Amarelo" e corrixilos nestas antes de sacalas ó público).

    

    Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.

    Un saúdo.

(Este artigo foi redactado o 26 de marzo de 2024, un día despois da apertura deste blog)

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario