Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de GB Game Boy "Godzilla".
O lanzamento orixinal da versión 1.0 do parche de tradución ó galego fíxose o 14 de decembro de 2023.
Podes descarga-la última versión do parche nesta ligazón (versión 1.0, Romhacking.net) e tamén nesta outra (versión 1.0, Drive do proxecto)
A ROM para a que está pensada este parche é:
♥ Godzilla (USA, Europe)
♥ CRC32: FE4F80B7
Listaxe de trocos feitos:
-- Versión 1.0 (14/12/2023) --
♣ Pantalla de licenza
♣ Pantalla de título
♣ Menú
♣ Pantalla de proba de son
♣ Pantalla de contrasinais (chaves)
♣ Pantalla de derrota
♣ Mensaxes de pantallas de interludio entre fase*
♣ Mensaxe final
♣ Mensaxes segredas (accesibles con chaves)**
♣ Engadidos sprites da versión xaponesa a modo de contido segredo
♣ Trocado o nome de "GHIDRAH" por "GHIDORAH"
* -- algunha destas mensaxes foi totalmente reformulada, eliminando frases baleiras por contido útil e informativo sobre trucos ou estratexias de xogo.
** -- unha destas mensaxes orixinais foi totalmente reformulada, mudándoa por unha mensaxe personal do tradutor.
Así pois, o contrasinal orixinal "D#RR=N___ C/#TS____" xa non é válida. En troques, o xogador pode atopa-lo novo contrasinal investigando polo labirinto Matrix, agochada nunha das mensaxes interfase previamente citadas; tómese como unha nova misión accesoria a ceibar a Minilla.
Que queda por facer? (14/12/2023)
♠ Troca-lo "GOOD LUCK!" que está escrito con bloques na fase 47; fun incapaz de deducir como están debuxados os niveis e, así, modificalo.
♠ Move-lo sprite de King Ghidorah durante a intro dous tles máis para a esquerda, de modo que poida engadi-lo seu nome completo "REI GHIDORAH" (e non só "GHIDORAH"), pero tampouco din atopado como facelo.
♠ Facer unha tradución específica para a versión xaponesa do xogo, "Gojira-Kun: Kaijū Daikōshin", que semella ser máis interesante de xogar.
Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.
Un saúdo.
(Este artigo foi redactado o 26 de marzo de 2024, un día despois da apertura deste blog)
Ningún comentario:
Publicar un comentario