9 de decembro de 2023

05) Parche ó galego de Metroid (1987) para NES


 

    Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de NES "Metroid".

    O lanzamento orixinal da versión 1.0 do parche de tradución ó galego fíxose o 09 de decembro de 2023.

    Podes descarga-la última versión do parche nesta ligazón (versión 1.0, Romhacking.net) e tamén nesta outra (versión 1.0, Drive do proxecto)

    A ROM para a que está pensada este parche é:

        ♥ Metroid (USA)

        ♥ CRC32: 70080810






 

    Listaxe de trocos feitos:

 

-- Versión 1.0 (09/12/2023) --

    ♣ Pantalla de título

    ♣ Mensaxe inicial

    ♣ Menú

    ♣ Pantalla de contrasinal

    ♣ Estilo de varias letras minúsculas da pantalla do contrasinal

    ♣ Disposición das letras do contrasinal

    ♣ Pantalla de derrota

    ♣ Mensaxe antes da fuga de Zebeth

    ♣ "TEMPO" durante a fuga de Zebeth

    ♣ Mensaxe de noraboa

    ♣ Créditos (incluído crédito por parche ó galego)

    ♣ "FIN"

 

-- INFORMACIÓN DE RELEVANCIA PARA OS CONTRASINAIS --

    Para poder engadi-las vogais con til e mailo "Ñ" modifiquei as letras minúsculas "f", "j", "k", "w", "y" e o "?", que só aparecen na pantalla do contrasinal.

    Isto pode provocar certa confusión cos contrasinais antigos que usen algún destes caracteres, aínda que o valor hexadecimal que os codifican (que é o importante á hora de usar contrasinais) sexa o mesmo.

    Velaí unha táboa coa relación das letras mudadas (e o seu valor hexadecimal):

    ♦ f --> Ñ (--> 29)

    ♦ j --> Ó (--> 2D)

    ♦ k --> f (--> 2E)

    ♦ w --> Á (--> 3A)

    ♦ y --> É (--> 3C)

    ♦ ? --> ! (--> 3E)

    Isto significa que nos contrasinais antigos que atopes na internet ou teñas de teu debes troca-lo "f" polo "Ñ", o "j" polo "Ó", e así.

    O motivo polo que sacrifiquei as letras minúsculas "j", "k", "w" e "y" foi, en primeiro lugar, porque precisaba espazo para introduci-las vogais con til, e en segundo lugar porque non forman parte do alfabeto galego nin forman parte de contrasinais famosos (por exemplo, o contrasinal de "JUSTIN BAILEY" usa o "J" e o "Y" maiúsculas, por iso deixei sen trocar).

    Tamén existe un motivo para ter trocado o "f" en "Ñ", e ó mesmo tempo o "k" en "f"; isto débese á pantalla de "FOXE AXIÑA!", na que só se carga unha táboa de letras até o "f" minúscula (se cargara alomenos até o "k" minúscula tería trocado ese no "Ñ", pero ó non facelo tiven que facer esa ponte). Este é tamén o motivo polo que torquei o "?" en "!". Hai que dicir que a codificación desta parte é diferente a outras do xogo, por iso tamén ten requerimentos "especiais".

    Para os interesados, esta é unha táboa de como queda disposta con este parche ó galego a pantalla de constrasinais en valores hexadecimais (onde 00 codifica o "0", 0A codifica o "A", 3A codifica o "Á" e así seguido):


00 01 02 03 04 05 06 07 08 09 0A 0B 0C
0D 0E 0F 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19
1A 1B 1C 1D 1E 1F 20 21 22 23 24 25 26
27 28 2E 2A 2B 2C 2F 30 31 32 33 34 35
36 37 38 39 3B 3D 3A 3C 2D 29 3E 3F FF

    Tódolos contrasinais testeados funcionan ben e sen erros se considera-lo valor hexadecimal en troques do "visual" (cando é o caso, como digo só afecta ós que leven os caracteres "f", "j", "k", "w", "y" e "?".

    Exemplos testeados:

    ♠ "JUSTIN BAILEY ______ ______" -- O clásico
    ♠ "000000 000020 000000 000020" -- Traxe de baño, sen melloras
    ♠ "000000 000000 040000 0000X8" -- Comezas co Raio Xeo
    ♠ "CONTIN UE_MY_ GAMEMI NIBOSS" -- Traxe de baño, Ridley e Kraid derrotados.
    ♠ "X----- --N?WO dV-Gm9 W01GMI" -- Preparada para derrotar á Nai Cerebro (marquei en negriña o "?", que é onde debe i-lo "!" polo antes descrito.
    ♠ "NARPAS SWORD0 000000 000000" -- Invencible

    OLLO! Todo o descrito é importante telo en conta para os contrasinais antigos (xa sexan de teu ou os atopes na web); porén, os contrasinais que obteñas do xogo unha vez teñas aplicado o parche funcionarán de maneira normal. Acho que é obvio o motivo, mais quixera deixalo claro por se alguén intenta troca-lo "f" polo "Ñ" nun novo contrasinal e non sexa válido.

 

    Que queda por facer? (09/12/2023)

    ♠ Aínda que sería interesante preparar unha versión da tradución para o parche "Metroid + Saving" (que permite salva-las partidas no propio xogo, aínda qie ó custo de sacrifica-la pantalla da mensaxe inicial), tal e como está agora considero esta tradución completa.

 

    Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.

    Un saúdo.

(Este artigo foi redactado o 26 de marzo de 2024, un día despois da apertura deste blog)

Ningún comentario:

Publicar un comentario