30 de marzo de 2024

8) e 9) Parches ó galego de Pokémon Azul e Pokémon Vermello (1999) para GB Game Boy

 



    Estes son dous parches de tradución ó galego para os xogos de GB Game Boy "Pokémon Azul" e "Pokémon Rojo", este último de agora en diante referidos coma "Pokémon Vermello".

     O lanzamento orixinal das versión 1.0 dos parches de tradución ó galego fixéronse o 30 de marzo de 2024.

    Podes descarga-la última versión dos parches aquí para Azul (versión 1.0, Romhacking.net) ou nesta ligazón (versión 1.0, Drive do proxecto), e aquí para Vermello (versión 1.0, Romhacking.net) ou nesta outra ligazón (versión 1.0, Drive do proxecto)

    As ROM para as que están pensadas estes parches son:

        Pokemon - Edicion Azul (Spain) (SGB Enhanced)

        ♥ CRC32: D95416F9

 

        Edicion Roja (Spain) (SGB Enhanced)

        ♥ CRC32: D8507D8A

 

    Ámbolos dous xogos son capaces de trocar Pokémon entre eles, coa súa contraparte Amarela e con tódolos xogos desta xeración en idioma castelán, alemán e francés (como mínimo).

 

Imaxes de Pokémon Azul:





 Imaxes de Pokémon Vermello:





    Listaxe de trocos feitos:

 

-- Versión 1.0 (30/03/2024) --

    ♣ Pantalla de título.

    ♣ Nomes de personaxes.

    ♣ Textos de personaxes.

    ♣ Pokédex completa. 

    ♣ Menús.

    ♣ Tiles de xogo (GIM --> XIM, SHOP --> SÚPER, etc)

    ♣ Engadidas grafías ("NON", ï, notas musicais, etc)

    ♣ Disposición do alfabeto na pantalla de nomes e alcumes.

    ♣ Diploma ó completa-la Pokédex.

    ♣ Pantalla cando se xoga na SNES coa SGB.

    ♣ Créditos (todo o equipo orixinal respectado)

    ♣ Recoñecemento polo parche ó galego (cara o final dos créditos)

    ♣ Todo o traducible que atopei, a fin de contas

 

-- Trocos adicionais non atinentes á tradución --

 

    ♣ As ataques PANTASMA son agora súperefectivas contra o tipo PSIQUE, como é canon no anime dende o principio e nos xogos dende a segunda xeración.

    ♣ En Pokémon Vermello trocáronse tamén as paletas da pantalla de inicio e a dos personaxes, pasando de ser dun tono azulado (idénticas ás usadas en Pokémon Azul) a outro tono máis alaranxado que acho que cadra máis co xogo.


   -- QUE QUEDA POR FACER (30/03/2024)--

    ♠ Comprobar que todos estes trocos funcionen en consola real (GB e SGB)

    

    Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.

    Un saúdo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario