Velaquí expoño os xogos que teño en mente traducir (sen compromiso de data algún) e, de se-lo caso, como vai a tradución de avanzada:
EN PROCESO: (isto é, que continúo coa idea e as ganas de segui-la tradución no futuro próximo).
• Pokémon, edición Cristal (2001, GBC), en proceso, sendo que a data de 26/12/2024 atópanse traducidos:
♣ pantalla de título
♣ Pokédex completa
♣ nomes de ataques e tipos
♣ varios menús
♣ textos do comezo do xogo
__________________________________________
EN HIATUS: (isto é, que NON teño as ganas de continua-la tradución nun futuro próximo).
• The 7th Saga (1993, SNES), en hiatus, só feita pantalla de título.
• Rygar (1987, NES), en hiatus, só feita pantalla de título e redebuxada a grafía.
• Pokémon Esmeralda (GBA, 2005), tradución comezada, en "hiatus" por dificultades coas paletas de cores que trocan sen motivo. (NOTA: xa existe unha tradución para Pokémon Lume Vermello feito por oputopablo e Emilio445, podedes descargarlo aquí)
• Gargoyle's Quest (1 para GB Game Boy; 2 para NES; 3 para SNES, coñecido como "Demon's Crest"), sen comezar.
• Ghouls n' Ghosts (1991, SNES), sen comezar.
• Contra (1 para NES, 3 para SNES), sen comezar.
• Super Mario 64 (1996, N64), sen comezar.
• Mega Man V (Game Boy), sen comezar
• Mega Man & Bass (SNES) sen comezar
A orde da lista non ten relación ningunha coa orde na que teño pensado traduci-los xogos, e resérvome a decisión de eliminar xogos que a día de hoxe estean nela.
(Última actualización: 24 de marzo de 2025)
Ningún comentario:
Publicar un comentario