Velaquí deixo un histórico das páxinas nas que estiven documentando (á miña maneira, nada técnico senon máis ben emocinal) varias das traducións que fixen.
• A Lenda de Zelda, un elo ó pasado (SNES)
PD: Notaredes que faltan moitas traducións (Pokémon, Super Mario World, os Megaman da NES, Metroid...); a razón primeira foi porque para os proxectos con data anterior ó 25/03/2024 non existía este blog, e todo seguimento atópase nos "Read me" que acompaña a cada tradución; a segunda razón é que decidín no seu intre que só faría seguimentos dos xogos de SNES, que adoitan contar con máis código e daba máis xogo, mais até nisto non fun metódico xa que deixei de lado o seguimento de "Super Metroid", que certamente era meritorio documentar.
Tómese este popurrí de páxinas, logo, como unha mera curiosidade histórica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario