30 de novembro de 2024

24) Parche ó galego de Clock Tower (1995) para SNES

 


     Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de SNES "Clock Tower".

    O lanzamento orixinal da versión 1.0 deste parche de tradución ó galego fíxose o 30 de novembro de 2024.

    Podedes descarga-la última versión dispoñible nesta ligazón (versión 1.0).

    A ROM para a que está pensada este parche é:

        ♥ Clock Tower (Japan).sfc

        ♥ CRC32: cbcd0dad




 

-- Versión 1.0 (30-11-2024) --

    Atinentes á tradución:

♣ Inclusión de vogais acentuadas e o "ñ"
♣ Menú principal e submenú de "FINAIS"

♣ Intro

♣ Textos e diálogos

♣ Todo o traducible que atopei, a fin de contas.


    NON atinentes á tradución: 

♣ O parche "Clock Tower Deluxe 2.0" está aplicado de serie.


    Que queda por facer? (30-11-2024)

♠ Traduci-la pantalla cando morres, que actualmente amosa "DEAD END"

♠ Traduci-los créditos en inglés (e, de ser posible, engadi-la miña contribución).


    Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.

    Un saúdo.

(Última edición do artigo o 30 de novembro de 2024)

4 comentarios:

  1. grazas pola tradución

    ResponderEliminar
  2. Respostas
    1. A ti, friedtomaco, por comezares a facer traducións de xogos ó galego!

      Vou engadir unha ligazón ó teu Blogger para por se alguén que pase por aquí non saiba de ti poida desfruta-lo teu traballo.

      Unha aperta grande, e feliz aninovo!

      Eliminar
    2. Moitas grazas. Son un anónimo que comentou fai un tempo por aquí sobre comezar a traducir, e a forma en que comentabas o proceso de traducir e fedellar no código foi unha inspiración. Ti puxeches os alicerces do meu blog :) . Xa engadín a túa páxina nel, pero penso que teño que cambiar o deseño para que se vexan as ligazóns como aquí, mañá botarei un ollo. Un saúdo e feliz ano!

      Eliminar