Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de GB Game Boy "Metroid II: Return of Samus", de agora en adiante referido como "Metroid II: O Retorno de Samus".
O lanzamento orixinal da versión 1.0 do parche de tradución fíxose ó galego o 26-09-2021.
Podedes descarga-la última versión dispoñible nesta ligazón (versión 1.0, Romhacking.net) e tamén nesta outra (versión 1.0, Drive do proxecto)
A ROM para a que está pensada o parche é:
♥ Metroid II - Return of Samus (World)
♥ CRC32: DEE05370
Listaxe de trocos feitos:
-- Versión 1.0 (26-09-2021) --
♣ Pantalla de título
♣ Nomes de obxectos (mesmo os que non aparecen durante a partida)
♣ Iconas do "Ice Beam" (Raio Xeo) e o "Wave Beam" (Raio Onda) trocados de "I" (Ice) a "X" (Xeo) e de "W" (Wave) a "O" (Ondas)
♣ Mensaxe de derrota
♣ Créditos (respectado todo o equipo orixinal)
♣ Crédito por tradución (engadido ó remate dos crédito orixinais)
Que queda por facer? (26-09-2021)
♠ Checksum OK
♠ Comprobar que tódolos nomes correspondan ó obxecto que acadas durante unha partida real.
♠ Canda páusa-lo xogo aparece un "L" na esquina inferior dereita; ó ser unha única letra non teño idea de como diferenciala na ROM, e en calqueira caso descoñezo que significa.
Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.
Un saúdo.(Este artigo foi redactado o 25 de marzo de 2024, coa apertura deste blog)
Ningún comentario:
Publicar un comentario