6 de decembro de 2023

03) Parche ó galego de Super Mario World (1990, USA) para SNES

 


    Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de SNES "Super Mario World".

    Dada a natureza das ferramentas de tradución que usei, este parche só é válido para a versión americana (NTSC USA) do xogo.

    O lanzamento orixinal da versión 1.0 do parche de tradución ó galego fíxose o 06 de decembro de 2023.

    Podes descarga-la última versión do parche nesta ligazón (versión 1.0, Romhacking.net) e tamén nesta outra (versión 1.0, Drive do proxecto).

    A ROM para a que está pensada este parche é:

        Super Mario World (USA) (No Header)

        ♥ CRC32: B19ED489







 

    Listaxe de trocos feitos:

 

-- Versión 1.0 (06-12-2023) --

    ♣ Pantalla de título

    ♣ Mensaxes dos bloques de información

    ♣ Nomes das fases

    ♣ Mensaxes de derrota (por vidas, por tempo)

    ♣ Mensaxe de bonus

    ♣ Menús

    ♣ Tiles que conteñan mensaxes traducibles ("Casa Enmeigada", "Saída", ...)

    ♣ As estrelas debuxando "ESPECIAL" na Zona Especial

    ♣ As moedas debuxando "YOU ARE A SUPER PLAYER !!" por unha mensaxe máis "especial", hehehe

    ♣ Mensaxe ó derrotar a Bowser

    ♣ Créditos (respectado todo o equipo orixinal)

    ♣ Crédito por tradución (engadido cara o final dos créditos orixinais)

    ♣ Recoñecemento ó equipo de SMW Central polas ferramentas e apoio ofrecido (despois do crédito por tradución)

    ♣ Nomes dos inimigos

    ♣ Pantalla de FIN

    ♣ Engadidas vogais con til.

    ♣ En definitiva, todo o traducible que atopei.


    Que queda por facer? (06-12-2023)

    ♠ Realizar un parche específico para a versión europea (PAL)

    ♠ Engadir bloques de mensaxe adicionais que non aparecen no xogo orixinal e que aporten más consellos e trucos.

 

    Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.

    Un saúdo.

(Este artigo foi redactado o 25 de marzo de 2024, coa apertura deste blog)

Ningún comentario:

Publicar un comentario