25 de xuño de 2024

13) Parche ó galego de Pilotwings (1990) para SNES


  Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de SNES "Plotwings".

    O lanzamento orixinal da versión 1.0 deste parche de tradución fíxose o 25 de xuño de 2024. Podedes ver como foi a evolución deste proxecto neste fío.

    Podedes descarga-la última versión dispoñible nesta ligazón (versión 1.0, Romhacking.net) e tamén nesta outra (versión 1.0, Drive do proxecto)

    A ROM para a que está pensada este parche é:

        ♥ Pilotwings (Europe)

        ♥ CRC32: DEF45776


 




    Listaxe de trocos feitos:

 

-- Versión 1.0 (25-06-2024) --

♣ Menú de inicio
♣ Inclusión de grafías de vogais con til e o "ñ".
♣ Nomes de probas
♣ Intruccións de probas e manobras
♣ Mensaxes dos instructores

♣ Mensaxes en probas

♣ Mensaxes de derrota

♣ Diplomas e licenzas (agás algunhas partes)*
♣ Créditos (todo o equipo orixinal respectado)
♣ Recoñecemento polo parche ó galego (cara o final da ROM)
♣ Todo o traducible que atopei, a fin de contas.

 

    Que queda por facer? (25-06-2024)

    ♠ Nos diplomas e licenzas de voo hay unhas cantas palabras que, pola forma de ser programadas, son imposibles de reorganizar para que a súa tradución quede decente; isto é, non é o mesmo ler "Licenza Clase A" que "A Clase Licenza"... é algo contra o que loitei dabondo e non atopei como ataxalo, de modo que supoño que quedará en inglés, por alomenos ter lóxica léxica.

    ♠ Emprega-la ferramenta "pw_decomp_v1_0" para traduci-las imaxes nos diplomas e licenzas, xa que esas deberían ser doadas de facer (de logro aprender como face funcionar C++)... pero tampouco me corre présa algunha.

 

    Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.

    Un saúdo.

(Última edición do artigo o 25 de xuño de 2024)

 

1 comentario:

  1. Mil gracias pola tradución, agora tou afinando o meu centro de xogos retro pero en canto o afine todos estes xogos que tas compartindo van directos para ela ;-)

    ResponderEliminar