Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de SNES "Arcana".
O lanzamento orixinal da versión 1.0 deste parche de tradución fíxose o
24 de maio de 2024. Podedes ver como foi a evolución deste proxecto neste fío.
Podedes descarga-la última versión dispoñible nesta ligazón (versión 1.0, Romhacking.net) e tamén nesta outra (versión 1.0, Drive do proxecto)
A ROM para a que está pensada este parche é:
♥ Arcana (USA)
♥ CRC32: 75C463CD
Listaxe de trocos feitos:
-- Versión 1.0 (24-05-2024) --
♣ Intro do xogo
♣ Menú de inicio
♣ Inclusión de grafías de vogais con til, diérese (ü e ï) e o "ñ".
♣ Banco de sons
♣ Historia
♣ Nomes e descricións de inimigos, útiles, maxias, etc.
♣ Menús e textos de personaxes
♣ Créditos (todo o equipo orixinal respectado)
♣ Recoñecemento polo parche ó galego (cara o final dos créditos)
♣ Recoñecemento a Sarah e Lukas pola axuda no seu día (no final dos créditos)
♣ Todo o traducible que atopei, a fin de contas.
-- Trocos adicionais non atinentes á tradución --
♣ O parche "FastROM" (o xogo vai algo máis rápido cando moves polos alxubes) de Sarah Shinespark está aplicado de serie, polo que non é preciso instalalo.
♣ O parche "Title Register Reset" (amáñase un error gráfico que se produce cando es derrotado pola xefa final) de Sarah Shinespark está aplicado de serie, polo que non é preciso instalalo.
♣ Lendo o código do parche "3 digit bonus fix" (amáñase un error gráfico que se produce cando a nivel 60 gañas máis de 99 puntos de estatística) de Sarah Shinespark, fixen a man os cambios pertinentes na versión en galego e obtense o mesmo resultado sen termos que ter un parche específico para este idioma.
♣ Existe unha clave para poder comeza-lo xogo en calquera dos 5 episodios; agora, ó inseri-la clave para comezar no derradeiro episodio comezar con nivel 50 (en troques no nivel 40 no que comezabas) e te-las estatísticas arredor de +40/+60 máis altas en tódolos aspectos, ademais de contar con máis diñeiro para mercar armas para Teefa.
Non vos trabuquedes, a batalla final segue sendo MOI demandante (nivel 50 e esas estatísticas son o mínimo que deberías ter para sobrevivila, se sabes o que estás facendo e tes sorte esquivando ataques), pero xa non tes que estar granxeando ata chegar a ese mínimo, aforrando varias horas de xogo e de saúde mental.
Este reaxuste das estatísticas a partires da clave está pensado para quen queira disfrutar do final do xogo sen ter que pasar obligatoriamente por moito sufrimento. A súa valía está en que non é algo obligatorio, senon un extra para quen queira usa-la clave para ir ó derradeiro capítulo do xogo. Se con este amaño consideras que o final vólvese moi doado entón a solución é moi sinxela: non insira-lo código e pasa o xogo como foi intencionado e sen claves.
Que queda por facer? (24-05-2024)
♠ Os gráficos do "THE END" final, imposible de trocar polo de agora por non terse descifrada a rutina de descompresión.
♠ Crear un parche que faga que a canción do final do xogo vaia un 16.6% máis lenta, facendo que se poida desfrutar da melodía final do xogo en consola PAL de maneira satisfactoria.
Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.
Un saúdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario