Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de SNES "Mega Man 7".
O lanzamento orixinal da versión 1.0 deste parche de tradución ó galego fíxose o 18 de agosto de 2024. Podedes ver como foi a evolución deste proxecto neste fío.
Podedes descarga-la última versión dispoñible nesta ligazón (versión 1.0).
A ROM para a que está pensada este parche é:
♥ Mega Man 7 (USA).sfc
♥ CRC32: 2D947536
-- Versión 1.0 (18-08-2024) --
Atinentes á tradución:
♣ Aviso do uso de xogo NTSC nunha consola PAL (non visble dende que esta protección foi eliminada).
♣ Título
♣ Inclusión de grafías de vogais con til, o "ñ" e máis.
♣ Textos da intro
♣ "IMOS" en troques da animación de "READY"
♣ Menú e armamento
♣ Diálogos e monólogos
♣ Créditos (case todo o equipo orixinal respectado)
♣ Recoñecemento polo parche ó galego (tra-los créditos)
♣ Fondos de escenario con textos atopados
♣ Menú segredo de loita 1vs1
♣
Todo o traducible que atopei, a fin de contas.
NON atinentes á tradución:
♣ Eliminada protección rexional que impedía empregar este xogo NTSC na consola PAL (EMPREGA-LO XOGO NESTA CONSOLA SÓ BAIXO RESPONSABILIDADE PROPIA).
♣ Inserido "ovo de pascua" visible na tenda de Eddie e ó final do xogo.
Que queda por facer? (18-08-2024)
♠Xa que non teño intención de facer unha versión para o formato PAL; e porque tampouco teño a necesidade de reintroduci-los diálogos entre Megaman e Roll/Auto cando acadas un novo arma (xa que ata o que comprobei para inseri-los diálogos precisas aumenta-lo tamaño da ROM, que baixo ningún concepto quero modificar); á falta de atopar erros que corrixir, considero esta tradución REMATADA.
Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.
Un saúdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario