24 de maio de 2026

28) Parche ó galego de Tetris (1989) para GB Game Boy

     Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de GB Game Boy "Tetris".

    O lanzamento orixinal da versión 1.0 deste parche de tradución ó galego fíxose o 24 de maio de 2026.

    Podedes descarga-la última versión dispoñible nesta ligazón (versión 1.0).

    A ROM para a que está pensada este parche é:

        ♥ Tetris (World) (Rev A).gb

        ♥ CRC32: 46DF91AD







 

    Listaxe de trocos feitos:

  

-- Versión 1.0 (24-05-2026) --

    Atinentes á tradución:

♣ Engado de vogais con til e a do "ñ"
♣ Aviso legal (inclúe recoñecemento polo parche en galego)
♣ Pantalla de título
♣ Pantallas de selección
♣ Mensaxe de pausa
♣ Mensaxe de derrota
♣ Mensaxe de vitoria (pantalla do cohete)
♣ Letras en orde do alfabeto galego (é notable cando vas inserir un nome na máxima puntuación obtida)
♣ Pantallas durante o modo de 2 xogadores
♣ Todo o traducible que atopei, a fin de contas.


    Que queda por facer? (24-05-2026)

♠ Gustaríame conseguir que o tempo que tes que agardar na pantalla legal durara menos, mais acho que escapa dos meus coñecementos actuais. Polo demais, considero esta tradución REMATADA.

 

    Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.

    Un saúdo.

(Última edición do artigo o 24 de maio de 2026)

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario