
Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de NES "Ghosts n' Goblins", de agora en diante renomeado coma "Trasnos e Diaños".
O lanzamento orixinal da versión 1.0 deste parche de tradución ó galego fíxose o 10 de maio de 2026.
Podedes descarga-la última versión dispoñible nesta ligazón (versión 1.0).
A ROM para a que está pensada este parche é:
♥ Ghosts'n Goblins (USA).nes
♥ CRC32: B4E4879E
IMPORTANTE:
Esta tradución está pensada para a versión NTSC americana do xogo, non a PAL europea; en principio a única diferenza entre ámbalas dúas versións é a táboa de tons para música e sons, pero no meu caso non sei se os directorios son os mesmos en ambas versións e por tanto se o troco nos punteiros pode causar estragos non agardados.





Listaxe de trocos feitos:
-- Versión 1.0 (10-05-2026) --
Atinentes á tradución:
♣ Troco da tipografía orixinal a outra máis estilizada (a orixinal da versión de SNES adaptada, menos grosa)
♣ Engado de vogais con til e a do "ñ"
♣ Pantalla de título
♣ Mensaxe ó comezo de fase
♣ Mensaxe de derrota
♣ Textos tras derrotar ó xefe final (en ámbalas dúas rondas)
♣ Recoñecemento polo parche ó galego (tra-la segunda ronda)
♣ Créditos (equipo orixinal respectado)
♣ Todo o traducible que atopei, a fin de contas.
NON atinentes a tradución:
♣ Agora, cando perdes tódalas vidas, o cursor atópase preposicionado de serie en "CONTINUAR", en troques de atoparse en "1 XOGADOR" que podía provoca-la perda de todo o progreso de xogo nun intre de descoido.
Que queda por facer? (10-05-2026)
♠ Afinar mellor a estética do actual "1 XG" e "2 XG". Polo resto, considero esta tradución REMATADA.
Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.
Un saúdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario