
Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de SNES "Super Ghouls 'n Ghosts", de agora en diante renomeado coma "Super Trasnos e Diaños".
O lanzamento orixinal da versión 1.0 deste parche de tradución ó galego fíxose o 27 de abril de 2026.
Podedes descarga-la última versión dispoñible nesta ligazón (versión 1.0).
A ROM para a que está pensada este parche é:
♥ Super Ghouls'n Ghosts (USA).sfc
♥ CRC32: 6AABA901




Listaxe de trocos feitos:
-- Versión 1.0 (27-04-2026) --
Atinentes á tradución:
♣ Engado da til das vogais e a do "ñ", empregadas de forma pouco ortodoxa
♣ Pantalla de título
♣ Opcións
♣ Mensaxes ó comezo e final de fase
♣ Mensaxes de derrota (por vidas e por tempo)
♣ Textos da princesa e mensaxe tras derrotar ó xefe final.
♣ Nomes dos inimigos
♣ Créditos (todo o equipo orixinal respectado e inclusión de Wolfric pola súa axuda)
♣ Recoñecemento polo parche ó galego (tra-los créditos)
♣ Texto final (tra-los créditos)
♣ Todo o traducible que atopei, a fin de contas.
Que queda por facer? (27-04-2026)
♠ Xa que non teño intención de facer unha versión para o formato PAL, á falta de atopar error que corrixir, considero esta tradución REMATADA.
Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.
Un saúdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario