Este é un parche de tradución ó galego para o xogo de NES "Mega Man".
O lanzamento orixinal da versión 1.0 deste parche de tradución ó galego fíxose o 25 de agosto de 2024.
Podedes descarga-la última versión dispoñible nesta ligazón (versión 1.0).
A ROM para a que está pensada este parche é:
♥ Mega Man (USA).nes
♥ CRC32: 6EE4BB0A
-- Versión 1.0 (25-08-2024) --
Atinentes á tradución:
♣ Pantalla de título
♣ Inclusión de vogais acentuadas e o "Ñ"
♣ Pantalla se selección
♣ Nomes de armas
♣ Pantalla de derrota
♣ Pantalla de derrota
♣ Despedida do xogo
♣ Créditos (case todo o equipo orixinal respectado)
♣ Crédito pola tradución (ó final dos créditos)
♣
Todo o traducible que atopei, a fin de contas.
Que queda por facer? (25-08-2024)
♠ A falta de atopar erros que corrixir, considero esta tradución REMATADA.
IMPORTANTE: Existe outra tradución ó galego deste xogo realizada por Rebecca Streisand, que podedes atopar aquí. Porén, o léxico e gramática empregados non son os axeitados en moitos casos, debido seguramente a que a autora deste parche non é galegofalante en primeiro lugar senon americana.
É por isto que decidín face-la miña propia tradución. Con todo, iso non quita que respete este primeiro traballo de Rebecca, do cal deixo ligazón para quen queira botarlle unha ollada aínda que sexa só por curiosidade.
Calquera actualización será debidamente rexistrada neste artigo.
Un saúdo.
Graciñas pola tradución meu
ResponderEliminarA ti po-la xogares, desfrútaa!
Eliminar